martes, 25 de junio de 2013

Ola familias, chegou o final desta etapa e so me queda reiterar o meu agradecemento por estos tres anos de confianza, comprensión e participación. Gracias por axudarme na tarefa que emprendimos xuntos aló polo ano 2010, na que iniciamos un longo camiño cara  o coñecemento, o descubrimento e a ilusión . Gracias!!!

domingo, 5 de mayo de 2013

Os avós contáronnos o conto "O Coelliño Branco", gustounos moito e, coma sempre, foron moi cariñosos con nós. Son uns actores e actrices estupendos!

domingo, 28 de abril de 2013

Como unha imaxe vale máis que mil palabras aquí vos deixamos as das últimas actividades deste terceiro trimestre: o grupo Batimbo, que nos visitou co gallo da semana multicultural, un contacontos para inaugurar a nosa nova biblioteca, a visita a Bonilla e una actividade de baile. Como vedes estamos moi, moi ocupados!

miércoles, 3 de abril de 2013

Preséntovos a última producción das nosas compañeiras Inés e Ana, que xa son unhas expertas en iPad!!!

domingo, 24 de marzo de 2013

E co fin do trimestre despedímonos de Exipto e continuamos o noso paseo pola historia. O vindeiro trimestre seremos príncipes, princesas, raiñas, cabaleiros... viviremos en castelos e descubriremos a Idade Media.
Pero sempre que pasemos polo corredor acordarémonos de Exipto, o río Nilo, as pirámides e como non dos sarcófagos e as momias nos que como vedes nos atopamos moi cómodos.
Para rematar o trimestre disfrutamos dunha saída a un contacontos na biblioteca municipal, fomos no autobús e aínda que o recorrido é moi curto danos tempo para amosar ós nosos compañeiros onde vivimos, por onde paseamos ou lugares que coñecemos de Arteixo. Na biblioteca reímonos moito co conto que nos falaba dos monstros que as veces nos parece ver cando se achega a noite e a maneira que tiña Sergio, o protagonista da historia, de vencelos. Tamén nos gustou escoitar como a mamá osa ensináballe ó osiño o bonita que pode ser a noite. O chegar á escola debuxamos os monstros da historia de Sergio ou os inventados por nós. Definitivamente, gústanos que nos conten contos...

domingo, 17 de febrero de 2013


E por fin chega a hora de amosar o noso baile exipcio, animádevos e bailade con nós.